A cuadraxésimo sétima edición da Copa de Europa de hóckey a patíns masculina (denominada Liga Europea dende a tempada 2007-08) comezou o 19 de novembro do 2011 coa primeira xornada da fase de grupos e finalizou o 27 de maio do 2012 coa disputa da final. Nesta edición proclamouse campión o HC Liceo da Coruña tras derrotar por 4 goles a 2 ao FC Barcelona na final disputada na cidade italiana de Lodi, conseguindo así o equipo galego o seu sexto título da máxima competición continental e revalidando o título conseguido a tempada anterior.
Equipos participantes Dado que o campión da Liga Europea 2010-11, o HC Liceo, obtivo unha praza na fase de grupos a través da súa clasificación na OK Liga, quedou vacante unha praza na fase de grupos. O CERH decidiu que o antigo criterios para aceptar aos clubs, empregando un ranking de clubs, remataría na tempada 2011-12. Na tempada 2011–2012 os clubs que participaron foron seleccionados empregando un criterio similar ao da UEFA Champions League, un ranking de países. Na seguinte táboa pode verse o número de equipos por cada país e a clasificación das distintas ligas:
ClasificaciónFederación (liga)Coeff.Equipos1º España (OK Liga)981 pts52º Italia (Serie A1424 pts33º Portugal (Campionato Nacional340 pts44º Francia (Nationale 1)133 pts15º Suíza (LNA)12416º Alemaña (Rollhockey-Bundesliga)11117º Inglaterra (Rink Hockey Premier League)371
Os 16 equipos participantes son o campión da edición anterior da Liga Europea (o HC Liceo), o campión da Copa CERS 2011 (o SL Benfica) e os equipos campións das súas respectivas ligas ou campionatos nacionais, aínda que o campión da liga inglesa, o Middlesbrough RHC renunciou a participar en competicións continentais, disputando en representación de Inglaterra a Copa CERS 2012 o Herne Bay United, polo que foi substituído polo ERG Iserlohn alemán, pasando a haber dous clubs alemáns.
Destes 16 equipos participantes cinco pertencen á OK Liga (Estado español), catro ao Campionato Portugués (Portugal), tres á Serie A1 (Italia), dous á 1 Bundesliga (Alemaña), un á Nationale 1 (Francia), e outro representante da LNA (Suíza).
EquipoCidadeEstadioCapacidadeAdestradorAmatori Lodi Lodi PalaCastellotti 2.655 Pino MarzellaCandelária SC Candelária Pavilhão da Candelária Carlos DantasCE Noia Sant Sadurní d'Anoia Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola 1.500 Ferran LópezCGC Viareggio Viareggio PalaBarsacchi 2.000 Massimo MariottiCP Vic Vic Olímpico de Vic 3.500 Carlos FigueroaERG Iserlohn Iserlohn Hemberg Sporthalle ca. 1.200 Marc BerenbeckFC Barcelona Barcelona Palau Blaugrana 8.250 Gaby CairoFC Porto Porto Dragão Caixa 2.200 Tó NevesGenève RHC Genève Centre Sportif de la Queue d'Arve Pedro AntunesHC Liceo A Coruña Pazo dos Deportes de Riazor 5.000 Carlos GilHockey Valdagno Valdagno PalaLido 1.500 Franco Vanzo Reus Deportiu Reus Pazo dos Deportes do Reus Deportiu 2.500 Alejandro DomínguezRSC Cronenberg Wuppertal Alfred-Henkels Halle ca. 700 Sven SteupSL Benfica Lisboa Pavilhão Império Bonança 2.400 Luís SénicaUD Oliveirense Oliveira de Azeméis Pavilhão Dr. Salvador Machado 4.000 José QueridoUS Coutras Rink Hockey Coutras Patinoire Milou Ducourtioux José Bruckert
Sistema de competición Esta edición da Liga Europea consta de dúas fases: unha primeira fase de grupos e unha final a oito (Final Eight).
Durante a fase de grupos, cada equipo enfróntase a dobre partido (ida e volta) contra os outros tres integrantes do seu grupo. Cada vitoria conta 3 puntos, o empate reparte un punto a cada un dos equipos, e a derrota non suma ningún punto. Os dous mellores equipos de cada grupo ao final das seis xornadas desta fase clasifícanse para a Final Eight. A composición dos catro grupos decidiuse mediante un sorteo que tivo lugar en Genève (Suíza) o 9 de setembro de 2011. Os 16 equipos repartíronse en catro grupos do seguinte xeito:
Grupo A|align=left| FC Barcelona |- align=center | Candelária SC|align=left| Noia Freixenet |- align=center | CGC ViareggioGrupo B|align=left| US Coutras |- align=center | RSC Cronenberg|align=left| UD Oliveirense |- align=center | Tecnol Reus DeportiuGrupo C|align=left| Genève RHC |- align=center | HC Coinasa Liceo|align=left| FC Porto |- align=center | Hockey ValdagnoGrupo D|align=left| Amatori Lodi |- align=center | SL Benfica|align=left| ERG Iserlohn |- align=center | Roncato Patí Vic
Fase de grupos Grupo A Grupo A Pts PX PG PE PP GF GC DGFC Barcelona1163212415+9Candelária SC1063121614+2CGC Viareggio1063122326-3Noia Freixenet 361051624-8
Grupo B Grup B Pts PX PG PE PP GF GC DGTecnol Reus Deportiu1464202514+11UD Oliveirense1263302410+14RSC Cronenberg662041425-11US Coutras160151229-17
Grupo C Grupo C Pts PX PG PE PP GF GC DGHC Coinasa Liceo1264022919+10Hockey Valdagno1264023323+10FC Porto1264024228+14Genève RHC060061749-32
Grupo D Grupo D Pts PX PG PE PP GF GC DGSL Benfica 1364113817+21Amatori Lodi1264022420+4Roncato Patí Vic1063122119+2ERG Iserlohn06006936-27
Final a 8 A Final a Oito da Liga Europea 2011-2012 disputouse entre os días 24 e 27 de maio de 2012. Esta fase final tivo lugar no PalaCastellotti de Lodi (Italia), o recinto deportivo máis grande da cidade lombarda con capacidade para 2.655 espectadores. Nesta fase disputáronse 7 partidos, marcándonse un total de 55 goles (cunha media de 7,86 goles por partido), e os máximos goleadores foron Massimo Tataranni e De Oro (ámbolos dous do Hockey Valdagno) con cinco goles cada un.
O evento foi organizado polo Amatori Lodi, coa colaboración do Hockey Valdagno e da Lega Nazionale HockeyEurolega, sarà il PalaCastellotti di Lodi a ospitare la Final Eight, publicado o 20 de abril de 2012 en hockeypista.itSarà Lodi a ospitare il meglio dell'hockey, publicado o 21 de abril de 2012 en Il Cittadino. O cadro de competición foi determinado mediante sorteo celebrado na cidade portuguesa de Lisboa o 15 de abril de 2012E ora Amatori-Reus, ma dove e quando?, publicado o 16 de abril de 2012 en Il Cittadino.
Resultados
Cuartos de final
Semifinais
Final
Campión30px HC Coinasa LICEO
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sito oficial do CERH
Categoría:Edicións da Copa de Europa de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2012