Antonio Vázquez Guillén, nado en Cee en decembro de 1941, é un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Vázquez Mouzo e neto de Argimiro Guillén. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente do Consello de Administración da revista Ciudadano. Membro correspondente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi Director Xeral da Xuventude no Ministerio de Cultura (1978). Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). Volveu ser elixido deputado na I lexislatura (1979-1982).

Estivo embarcado no DC-8 que sufriu o accidente da Lavacolla en 1978.

Vida persoal Casou con María Cruz Fernández de la Riva Varela de Limia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Accidente da Lavacolla Ligazóns externas en 1978, falando da pena de morte, en YouTube. Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Avogados de Galicia