Zendal é un grupo empresarial galego adicado á industria biofarmacéutica de proxección internacional, líder na fabricación de produtos veterinarios. Está localizado no Porriño. Está formado polas empresas CZ Vaccines, Biofabri, Petia, Vetia, Probisearch e Zinereo Pharma.

Historia Zendal naceu en 1993 a través da venda por parte de Zeltia da filial Cooper-Zeltia, tomando orixinariamente o nome de CZ Veterinaria. No ano 2018 a empresa pasou a chamarse Zendal, en honra á enfermeira galega Isabel Zendal Gómez, a primeira que participou nunha misión sanitaria internacional.

En 2024 recibiu o Premio Antonio Palacios á empresa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web corporativa

Categoría:Biotecnoloxía Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas farmacéuticas Categoría:O Porriño Categoría:Industria de Galicia