Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.
Inicios do proxecto As orixes da planta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol.
O LNG en España España é un dos países europeos con maior capacidade en infraestruturas de gas. A finais de 2017 o Sistema Gasista español estaba formado por 11.369 km de gasodutos de transporte primario e un total de 13.361 km incluíndo os secundarios.
+ Plantas de LNG en EspañaPlantaNº de TanquesCapacidade m³NotasMugardos 2 300 000 Xixón 2 300 000 paradaBilbao 3 450 000 Barcelona 6 760 000 Sagunto 4 600 000 Cartagena 5 587 000 Huelva 5 619 500 Tenerife en proxectoGran Canaria en proxecto
Situación legal miniatura|Reganosa en construción miniatura|esquerda|180px|Reganosa pintada para reducir o impacto visual. miniatura|Pintada en contra de Reganosa en Ferrol. Dende que o grupo Tojeiro, promotor da regasificadora, fixo público o seu interese en construír a planta nas súas instalacións de Forestal do Atlántico, en Mugardos, formouse un grupo de cidadáns na comarca preocupados polos riscos ambientais e de seguridade que supoñía esta instalación gasística dentro da ría. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acudiu a institucións locais, autonómicas, estatais e da Unión Europea para denunciar a planta. Tódalas sentenzas foron favorables ao CCERF, sendo a día de hoxe a situación legal da planta máis que precaria.
Coa chegada en maio de 2007 do Galicia Spirit"El Galicia Spirit entra en Reganosa", El País, 9 de maio de 2007 ., o primeiro gaseiro de 280 metros de eslora e 140.000 metros cúbicos de gas LNG, á planta de Mugardos organizouse unha multitudinaria protesta tanto en terra como na ría á que se sumaron os mariscadores. Varias persoas foron detidas e a Garda Civil denunciou a varios mariscadores por desobediencia á autoridade. Oito destes mariscadores foron xulgados en marzo de 2012"Descamisados" , texto de Manuel Cendán en Diario de Ferrol e sete deles foron condenados a penas de entre seis meses e sete meses e medio"Penas de cárcel por el cierre de la ría a un barco gasero", artigo en La Voz de Galicia, 10 de xullo de 2012 .
Dende a posta en marcha da planta o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol organiza concentracións cada vez que un gaseiro entra na ría de Ferrol.
REGANOSA tivo un déficit de 58 millóns de euros en 2011."Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011", artigo en Praza Pública. En outubro de 2013 a empresa anunciou o pintado dos tanques de gas do complexo para mellorar a súa imaxe e integración co contorno.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Reganosa Blog do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Ferrol Categoría:Hidrocarburos