O escudo das Illas Canarias é un dos símbolos da comunidade, e é oficial dende 1982 grazas á lei orgánica 10/1982 sobre o "Estatuto de Autonomía das Canarias".
No sexto artigo deste estatuto disponse:
Segundo o BOC, o azul do escudo é Pantone 3005 (RGB 7.104.169), o marrón dos cans Pantone 722 (RGB 216.143.31), o dourado da coroa Pantone 7406 (RGB 255.204.0), o vermello da coroa Pantone 485 (RGB 254.0.12) e a cor prata da cinta Pantone 7544 (RGB 145.143.144).
Polémica polos cans Existe unha recentes polémicaCanarias renuncia a los perros que escoltan su escudo oficial arredor da representación dos cans (can de presa canario) no escudo. Este feito motivou en parte a que o Goberno das Canarias suprimise os dous cans nos impresos oficiais e edificios públicos, se ben os mantivo no escudo das Canarias.Canarias renuncia a los perros que escoltan su escudo oficial
Popularmente atribúese que o nome do arquipélago canario provén do can de presa canario,Canarias renuncia a los perros que escoltan su escudo oficial e segundo unha lei do Goberno das Canarias vixente dende 1991, o can é o símbolo natural de Gran Canaria xunto co cardón. Por esta razón, os detractores do escudo argumentan que só representan a illa de Gran Canaria e non o arquipélago na súa totalidade.
Tamén houbo unha moción para eliminar o colar de ámbolos dous animais, pois arguméntase (sobre todo dende eidos independentistas) que fai alusión á idea de que os colares teñen un significado de "submisión".Perros sin collar y bandera sin estrellas
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Canarias Bandeira das Illas Canarias
Ligazóns externas Orixe e evolución do escudo das Canarias
Categoría:Símbolos das Canarias Illas Canarias