As eleccións autonómicas de Asturias celebráronse en nove ocasións desde a chegada da democracia ao Principado de Asturias.
En sete delas resultou vencedor o Partido Socialista Obrero Español, noutra o Partido Popular, e noutra Foro Asturias.
Á parte dos xa citados, outros seis partidos obtiveron representación na Xunta Xeral do Principado de Asturias: Izquierda Unida, Bloque por Asturies, Unión Renovadora Asturiana, Centro Democrático y Social, Partíu Asturianista e Partido Comunista de Asturias.
Características As eleccións efectúanse por sufraxio universal dos asturianos mediante voto secreto ás listas pechadas das candidaturas presentadas nas tres circunscricións de Asturias.
A asignación dos 45 escanos da Xunta Xeral do Principado de Asturias realízase a través do sistema D'Hondt segundo os votos obtidos por cada candidatura na súa circunscrición e por orde de lista dentro de cada candidatura.
Eleccións Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1983 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1987 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1991 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1995 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 1999 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2003 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2007 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2015 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2019 Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023
Categoría:Eleccións en Asturias