Imeldo Corral González, nado en Ferrol o 7 de xullo de 1889 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1976, foi un pintor galego.
Traxectoria
Deixou unha produción de máis de dúas mil obras, sobre todo de paisaxes e mariñas da súa comarca, con títulos como Mañán de neboeiro, Unha corredoira, Río de Sáa, O Souto, Autorretrato, Brétema en San Paulo D'enriba, Sol da maña nos castiñeiros... Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario da Coruña e membro de honra da Sociedad Artística Ferrolana. O concello de Ferrol outorgoulle a Medalla ao Mérito Artístico en 1976.
Estudou aos dezaoito anos un ano de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Logo trasládase a Madrid, onde traballou como copista no Museo do Prado. No entanto, facía debuxos e pinturas en óleo, pastel e acuarela.
Realizou a súa primeira exposición en 1912 en Madrid canda outros pintores galegos da man do Centro Galego de Madrid. Formou parte de dúas exposicións colectivas na Coruña en 1917 e 1918. Ese último ano ten lugar a súa primeira exposición individual, en Madrid.
Nos seguintes anos, seguiu expoñendo en Galicia. Tamén presentou a súa obra en cidades como León ou Barcelona. Chegou a expor en Buenos Aires a través do Centro Galego da capital arxentina. O Museo de Pontevedra ten obra exposta na colección permanente.
Véxase tamén Bibliografía
Alejandro Barreiro. Del Arte gallego. Exposición rexional. A Coruña, 1917. Estévez Ortega. Arte Gallego. Barcelona. Editorial Lux, 1930. María Victoria Carballo Calero. Catálogo de pintura do Museo Provincial de Lugo. Lugo, 1969. Gran Enciclopedia Gallega. Vol. 7. Xixón, S. Cañada, Edit., 1974 Manuel Chamoso Lamas. «Arte», en Galicia. Barcelona, Edit. Noguer. 1976. Ángel Ilarri Gimeno. Catálogo do Pazo Museo «Quiñones de León». Vigo, Concello, 1978. Francisco Pablos. Pintores gallegos del Novecientos. A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1981. Francisco Pablos. Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. Fernando Mon. Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987. José Leira Domínguez. Pintura Ferrolana. SAF, Ferrol, 1987 Francisco Pablos. Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello, 1992. Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez. Historia de la Escuela de Artes y Oficios de Ferrol (1881 - 1930). Ferrol, 1994. Pulido Novoa, Antón. A Nosa Pintura. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2002, edición especial para o Concello de Ferrol.
Ligazóns externas Biografía en ''pintoresgallegos.com Óleos de Imeldo Corral
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes