Arwen (traducido do sindarin como «doncela nobre»), tamén chamada Undómiel («estrela da tarde»), é un personaxe ficticio que forma parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien e que aparece na súa novela O Señor dos Aneis. É unha peredhil ou medio elfa, filla de Elrond e Celebrían, irmá de Elladan e Elrohir e tataraneta de Lúthien Tinúviel.

Durante séculos viviu entre Valfendido, o refuxio e fogar do seu pai, e Lothlórien, a terra natal da súa nai. Uns anos antes de que rematase a Terceira Idade do Sol, época na que se desenvolve a novela, coñeceu ó dúnedain Aragorn nos bosques de Valfendido e namoráronse o un do outro. Por el renunciou á inmortalidade propia da súa metade élfica para converterse na súa esposa e na raíña consorte do Reino Unificado de Gondor e Arnor trala Guerra do Anel.

Adaptacións a outros medios miniatura|Liv Tyler, a actriz que interpreta a Arwen na triloxía cinematográfica de O Señor dos Aneis|esquerda Nos filmes de Peter Jackson The Fellowship of the Ring, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Arwen toma un gran protagonismo, superior ó que ten na novela, pois ós autores do guión parecíalles necesario «feminizar» un tanto o argumento, demasiado cargado de personaxes masculinos. En particular, resultou controvertido que substituíse ó personaxe de Glorfindel na escena do vao de Bruinen.

O papel de Arwen nestes filmes é interpretado pola actriz Liv Tyler.

Notas

Categoría:Semielfos da Terra Media Categoría:Personaxes d'O Señor dos Aneis