miniatura|200px|Barad-dûr. Barad-dûr (‘torre escura’ en sindarin) é unha torre ficticia descrita no legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, que aparece na súa novela O Señor dos Aneis, e brevemente en O Silmarillion. Trátase da fortaleza principal de Sauron, o antagonista da novela. Está situada preto das Ered Lithui (‘montañas da cinsa’), ó norte de Mordor.
Etimoloxía O nome Barad-dûr é sindarin, e é un nome composto de Barad (‘torre’) + dûr (‘escura’), para dar Barad-dûr (‘torre escura’). Na lingua negra de Mordor coñécese como Lugbúrz.
Descrición Tolkien describe a Torre Escura cunha escala tan xigantesca que era case irreal, aínda que non dá moitos detalles máis aló do seu tamaño e impresionante forza, e que era a fortaleza principal para as tropas de Sauron, dende a que se emitían as súas ordes. Ademais servía de arsenal, prisión e forno. En calquera caso, descríbese como escura, rodeada de tebras e permanentemente envolta en negras néboas, polo que non pode ser vista con claridade. A primeira descrición de Barad-dûr que aparece en O Señor dos Aneis é a través dunha visión que Frodo tivo en Amon Hen, na que percibiu a inmensa torre do xeito seguinte:
Moito máis avanzada a historia, mentres Frodo e Sam subían pola ladeira do Monte do Destino, ó descorrerse o veo tenebroso polo cambio nos ventos do mundo, lograron entrevela por un intre:
Trala destrución do Anel Único, Frodo e Sam volven ver Barad-dûr, pero desta volta caendo sobre os seus alicerces.
Categoría:Xeografía de Arda