Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940 e finado en Madrid o 5 de xuño de 2013, foi un xuíz galego.

Traxectoria Ingresou no Corpo de Xuíces Municipais e Comarcais en 1966. Exerceu funcións como xuíz comarcal nos Xulgados de Ateca (Zaragoza) e Tinéu (Asturias). Ingresou na carreira xudicial en 1967. Foi de xuíz de Primeira Instancia e Instrución en Amurrio (Araba), San Clemente (Cuenca), A Estrada, Granollers (Barcelona) e Ocaña (Toledo). Entre 1976 e 1979 prestou funcións no Xulgado de Instrución número 14 de Madrid. En novembro de 1979, ascendeu a maxistrado e desempeñou funcións nos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vitoria e número 2 de Alcalá de Henares, e de Primeira Instancia número 23 de Madrid. En 1986 foi nomeado Inspector Delegado do Consello Xeral do Poder Xudicial. En 1989 foi promovido á categoría de Maxistrado do Tribunal Supremo e nomeado Xefe do Servizo de Inspección do Consello do Poder Xudicial. En 1996 incorporouse á Sala Primeira do Tribunal Supremo. Colaborou en El País, La Voz de Galicia e Liberación e na revista La Ley.

Obras La Ley del Divorcio. Práctica Procesal Civil. El Recurso de Amparo en el Área Civil. Comentarios del Código Civil. Derecho de la Edificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info

Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Xuíces de España Categoría:Medallas Castelao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes