A tempada 2011-12 da Superliga Española foi a 38ª edición da máxima competición de hóckey sobre xeo do Estado español e nela participaron seis equipos. O campión foi o CH Jaca tras derrotar na final ao CG Puigcerdà por tres partidos a un, conseguindo así o seu 11º título e ampliando así a diferenza respecto do segundo equipo máis laureado, o CH Txuri-Urdin donostiarra.

Sistema de competición Na liga regular, cada un dos seis equipos disputou 20 partidos (xogando catro partidos contra cada un dos seus opoñentes). Os catro primeiros equipos ao finalizar a liga regular se clasifican para os playoffs. Unha vitoria no tempo regulamentario na liga regular prémiase con 3 puntos, mentres que unha vitoria no tempo extra ou nos penaltis é recompensada con 2 puntos, por unha derrota no tempo extra ou nos penaltis o equipo recibe un punto, mentres que a derrota no tempo regulamentario non dá ningún punto.

Equipos 20px Aramón CH Jaca (Jaca) FC Barcelona (Barcelona) 20px Majadahonda HC (Majadahonda) CG Puigcerdà (Puigcerdà) 20px CD Hielo Bipolo (Gasteiz) 20px CH Txuri-Urdin (Donostia)

Clasificación Equipo PX G OTW OTL D GF GC Puntos 1. CH Jaca 20 171021347153 2. CG Puigcerdà 20 111261008137 3. FC Barcelona 20 100010868630 4. CH Txuri-Urdin 20 72110799026 5. CD Hielo Bipolo 20 601138912619 6. Majadahonda HC 20 411149913315 PX = Partidos Xogados, V = Vitorias, OTW = Vitorias no tempo extra, OTL = Derrotas no tempo extra, D = Derrotas, GF = Goles a Favor, GC = Goles en Contra

Playoffs Semifinais CH Jaca - CH Txuri-Urdin 2:1 (3:4 n.V., 7:0, 5:3) CG Puigcerdà - FC Barcelona 2:0 (4:1, 5:2)

Final CH Jaca - CG Puigcerdà 3:1 (8:7, 5:1, 1:4, 4:2)

Véxase tamén

Ligazóns externas A Superliga en hockeyhielo.com (es)

Categoría:Hóckey sobre xeo en 2012 Categoría:Tempadas da Liga Nacional Hockey Hielo