Goran Jurić, nado en Mostar (Bosnia e Hercegovina) o 5 de febreiro de 1963, é un exfutbolista croata. Xogaba de defensa e foi internacional coas seleccións de Iugoslavia e Croacia.

Traxectoria Na súa Iugoslavia natal xogou no FK Velež Mostar e o Estrela Vermella de Belgrado, no ano 1991 recalaría na Liga española, no Real Club Celta de Vigo.

Tras dúas moi boas tempadas no lateral esquerdo en Vigo nas que o Celta tentaba escapar do descenso a Segunda División, no ano 1993 unha análise rutineira descubríalle unha diabetes tipo I (insulino-dependiente).

Este problema de saúde forzouno a abandonar o Celta pese a ter aínda dous anos máis de contrato, aínda que non deixaría o fútbol, volvendo a Iugoslavia a xogar en Zagreb e participando no Mundial de Fútbol Francia 1998 coa súa selección ou incluso xogar algúns anos no Xapón.

Retiraríase no ano 2003 no NK Zágreb, con 40 anos de idade, dez anos despois de térselle diagnosticada a diabetes.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en fifa.com Datos do xogador en national-football-teams.com

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Mostar Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FK Velez Mostar Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do Hrvatski Dragovoljac Zagreb Categoría:Xogadores do NK Zagreb Categoría:Xogadores do Yokohama F. Marinos Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia