O Oulun Kärpät é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia), é propiedade de Kärppä-säätiö (Fundación Kärppä). Foi fundado en 1946 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, competición que gañou en sete ocasións (1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014 e 2015).
Xogadores Capitáns do equipo Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:
Capitáns de Oulun Kärpät Nome(s) PeríodoVeikko Torkkeli 1977–1983 Markku Kiimalainen 1983–1987 Kai Suikkanen 1987–1989 Jari Laukkanen 2000–2002 Lasse Kukkonen 2002-2003 Sakari Palsola 2003–2005 Lasse Kukkonen 2005-2006 Jari Viuhkola 2006-2007 Ilkka Mikkola 2007–2013 Lasse Kukkonen 2013-
Números retirados
Números retirados de Oulun Kärpät NºXogadorPosiciónCarreiraRef. 10 Reijo Ruotsalainen D 1975-19811993-19941996-1998 15 Markku Kiimalainen LW 1972-1992 24 Jari Viuhkola C 1998-2014
Adestradores Dende que o Oulun Kärpät ascendera por primeira vez á SM-liiga na tempada 1977-78 varios adestradores pasaron polo banco do equipo de Ostrobotnia do Norte cando este se encontraba na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés:
Adestradores de Oulun Kärpät Nome(s) Período Kari Mäkinen 1977-1983 Pentti Matikainen 1983-1987 Kari Mäkinen 1987-1988 Nokelainen, Palsola 1988-1989 Juhani Tamminen, Kari Heikkilä 2000-2001 Kari Heikkilä 2001-2004 Kari Jalonen 2004-2008 Matti Alatalo, Mikko Haapakoski 2008-2010 Hannu Aravirta 2010-2013 Lauri Marjamäki 2013–2016 Kai Suikkanen 2016–2017 Mikko Manner 2017-
Equipo feminino
miniatura|Xogadoras das Kärpät Naiset na tempada 2024-25. Os Kärpät contan cun equipo feminino fundado en 1990, se ben non foi ata a tempada 1992-93 cando participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona. Dúas tempadas despois, na tempada 1994-95, debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.
Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, a Auroraliiga.
Trofeos Trofeos colectivos 230px|miniatura|A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia. SM-liiga A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Kärpät gañou proclamouse un total de oito veces campión de Finlandia: 1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014, 2015 e 2018. 4 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1987, 2003, 2009 e 2019. 6 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1980, 1984, 1985, 1986, 2006 e 2016.
O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Kärpät gañou este galardón en nove ocasións: 1987, 2005, 2006, 2007, 2008, 2014, 2015, 2018 e 2019.
European Trophy Campión: 2007
Tampere Cup Campión: 2003
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Kärpät Naiset
Ligazóns externas Sitio web oficial do Oulun Kärpät Sitio web sobre a historia do Oulun Kärpät
Categoría:Oulun Kärpät