Łukasz Piszczek, nado o 3 de xuño de 1985 en Czechowice-Dziedzice, é un futbolista polaco. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o Borussia Dortmund. Anteriormente, xogou no Hertha BSC e no Zagłębie Lubin. Ademais, é internacional na selección de Polonia.

Traxectoria Club En 2001, Piszczek chegou ao Gwarek Zabrze, co cal gañou o campionato júnior polaco en 2003. En 2004, converteuse no máximo goleador do Campionato de Europa sub-19, e xusto despois asinou co Hertha Berlin, sendo inmediatamente cedido ao Zagłębie Lubin. Co Zagłębie, gañou a liga polaca na tempada 2006–07, e xogou principalmente de interior esquerdo, aínda que tamén foi utilizado coma dianteiro centro en varias ocasións. Anotou 11 goles na tempada 2006–07, sendo o segundo máximo goleador do equipo.

En outono de 2007, o Hertha chamou ó xogador de volta. Anotou o seu primeiro gol na Bundesliga o 26 de abril de 2008, dándolle o empate ó seu equipo contra o Hannover 96. Na súa segunda tempada comezou a xogar de lateral dereito.

O 19 de maio de 2010, foise gratis ao Borussia Dortmund, asinando un contrato ata xuño de 2013. O 26 de xullo de 2011, asinou unha extensión do seu contrato ata xuño do ano 2016.

Selección Piszczek fixo a súa primeira aparición coa selección de Polonia nun amigable contra Estonia o 3 de febreiro de 2007. O 6 de xuño de 2008, foi incluído no equipo polaco para disputar a Eurocopa de Austria/Suíza de 2008. Tan só xogou un partido contra Alemaña, pero se lesionou na sesión de adestramento para o seguinte partido, e non participou en ningún encontro máis.

Foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012.

Palmarés Club Zagłebie Lubin Ekstraklasa: 1 2006–07

Borussia Dortmund Bundesliga: 2 2010–11, 2011–12

Copa de Alemaña: 1 2011–12

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Soccerbase.com Estatísticas na Bundesliga

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Hertha Berlin Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Polonia Categoría:Nados en Polonia