Manuel Lorenzo Baleirón, nado en Tarrío (Laíño, Dodro) en 1957, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria Licenciado en Filosofía e en Historia da Arte. Foi mestre en Educación Secundaria no IES Macías o Namorado de Padrón ata a xubilación.
É irmán de Eusebio Lorenzo Baleirón e pai de María Lorenzo Miguéns.
Obras Narrativa Tonas de laranxa (2012). Xerais. Con María Lorenzo Miguéns. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-439-9. Cortezas de naranja (2024). Ediciones Siruela. Con María Lorenzo Miguéns. Tradución ao castelán do autor. ISBN 978-84-10183-60-5. O sombreiro de Murga (2021). Fundación Rosalía de Castro. Con ilustracións de Bea Georges. Infantoxuvenil. ISBN 9788487668531. Ensaio Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga (2011). Concello de Dodro. Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía (2013). Fundación Rosalía de Castro. Traducida a español, inglés e francés. ISBN 9788487668380. Murguía era pequeno, tan pequeno que os amigos lle chamaban Murga “o rato”. Tedes que saber que na Casa de Rosalía, en Padrón, no cuarto de enriba, no sobrado, debaixo do sombreiro de copa de Murguía, efectivamente, vive un rato… Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía de Castro (2025). Fundación Rosalía de Castro. ISBN 978-84-87668-73-9. Sin esperar a Ulises. Vida de Rosalía de Castro (2025). Fundación Rosalía de Castro. ISBN 978-84-87668-74-6. Escribindo nas alas dos paxaros (2025). Fundación Rosalía de Castro. Ilustracións de Nuria Díaz. Biografía de Rosalía orientada a un público infantoxuvenil e que busca achegar a mocidade á obra da autora. ISBN 978-84-87668-75-3.
Edicións Gramática do silencio. Obra poética, de Eusebio Lorenzo Baleirón (1996). Espiral Maior. Con Paulino Vázquez.
Colectivas Galego 8 (1986). Editorial Vía Láctea.
Premios Cogañador do Premio Xerais no 2012, xunto a María Lorenzo Miguéns, por Tonas de laranxa.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais. Tonas de laranxa. Artigos. Blog Xerais.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Nados en Dodro Categoría:Nados en 1957 Categoría:Gañadores do Premio Xerais