Ricard Vinyes Ribas, nado en Barcelona en 1952, é un historiador e profesor universitario catalàn.

Traxectoria Estudou historia na Universidade de Barcelona, da cal foi catedrático de historia contemporánea dende 1977. En 2012 impartía a materia de Historia de Països Europeus I (Catalunya). Estudou a represión franquista durante a posguerra española. É autor de diversos libros en catalán e castelán.

Obra Catalunya internacional (1983). La presencia ignorada. Cultura comunista a Catalunya (1989). "Un conflicte de memòries: el Museu d'Història de Catalunya", na revista L'Avenç (2000). Irredentas (2002). Els nens perduts del franquisme (2002). El daño y la memoria. Las prisiones de María Salvo (2004). El Estado y la memoria. gobiernos y ciudadanos ante los traumas de la Historia (2009). Asalto a la memoria. Impunidades y reconciliaciones, símbolos y éticas (2011). Recoñecementos

No ano 2000 levou canda a Manel Risques Corbera o Premi Nacional de Patrimoni Cultural, concedido pola Generalitat de Cataluña. Véxase tamén Ligazóns externas Información da exposición "Les presons de Franco" Información do "Projecte OVNI" "Entrevista Ricard Vinyes Tv3"

Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona