Rafael Yunta Navarro, nado en Ocaña (Toledo) o 4 de abril de 1920 e finado en León o 18 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Como xogador Comezou a xogar despois da Guerra Civil, no Toledo, despois ficha polo Real Madrid onde militaría catro anos tendo un papel moi importante pola banda dereita.

Despois de xogar cedido en Portugal ficha polo Real Valladolid onde unha lesión acabou coa súa carreira.

Como adestrador Ademais de moi boas campañas na Cultural Leonesa e no Calvo Sotelo, en Primeira División adestrou ao Real Valladolid e ao Pontevedra CF, sendo o primeiro técnico que levou ao equipo granate á máxima categoría.

Do Pontevedra pasou ao Celta de Vigo na tempada 1965–66 co obxectivo de ascender a Primeira División, en Vigo tras reconfigurar totalmente o equipo, no que contaría con xogadores como Abel Fernández ou Rivera, so conseguiu entrar na promoción de ascenso, na cal caería eliminado ante o Sabadell por 2-0 e 0-0.

Ao ano seguinte e pese a que no club contaban co adestrador toledano, Rafael Yunta decide non continuar e fichar polo Calvo Sotelo, sendo substituído no equipo vigués por César Rodríguez Álvarez.

Faleceu en León aos 91 anos de idade no mes de xullo de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Pontevedra CF Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do Real Murcia Categoría:Adestradores da Cultural Leonesa