José Iraragorri Ealo, nado en Galdakao (Biscaia) o 16 de marzo de 1912 e finado o 27 de abril de 1983 na mesma vila, foi un xogador e adestrador de fútbol.
Traxectoria Como futbolista A súa carreira deportiva transcorreu no Athletic de Bilbao, onde foi un futbolista fundamental nos anos vinte e trinta. Na tempada 1928-1929 iniciase nas categorías xuvenís do equipo bilbaíno. Ao final da mesma ingresa no primeiro equipo formando parte da dianteira ca que o Athletic foi campión de Liga esa mesma tempada sen perder un só encontro.
A causa da Guerra Civil exiliase na Arxentina no ano 1937 onde xogou dous anos no Club Atlético San Lorenzo de Almagro. Posteriormente xogou sete anos no Real Club España, equipo mexicano no que xogaban numerosos españois exiliados.
No ano 1946 regresa a España para finalizar a súa carreira como futbolista no Athletic.
Foi oito veces internacional, a primeira vez con 19 anos.
Como adestrador A parte máis brillante da súa carreira como técnico transcorreu no Athletic de Bilbao ao que dirixiu tres tempadas, gañando unha Copa do Xeneralísimo e unha Copa Eva Duarte.
Despois adestraría fugazmente ao Real Valladolid, Celta de Vigo e Hércules CF.
Ao Celta chega no ano 1953 sendo substituído por Ricardo Zamora mediada a tempada cun balance moi pobre de tres vitorias e un empate en doce partidos.
En novembro de 1955 fíxose cargo do Hércules CF para reconducir a situación do equipo pero o descenso foi inevitábel.
Posteriormente adestrou entre outros, á Sociedad Deportiva Indautxu, ademais de ser secretario técnico da mesma.
Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Galdakao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores da selección de fútbol do País Vasco Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1934 Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Barakaldo CF Categoría:Adestradores do Athletic Club Categoría:Adestradores do Real Valladolid Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Hércules CF