Andrés Balsa Antón, nado en Mugardos o 11 de marzo de 1883 e finado en Madrid en decembro de 1973,Mediterráneo, 26-12-1973, p. 10. foi un boxeador, loitador profesional e adestrador de fútbol galego.

Traxectoria Como loitador Andrés Balsa enrolouse na mariña mercante, e cando menos desde 1909 participou en competicións de loita.Laredo Weekly Times, 4 de xullo de 1909 / Xa na altura de 1915 a prensa española fíxose eco das súas vitorias nos Estados Unidos e Cuba. Con 1,79 metros de estatura e preto de 90 quilos de peso, competiu dende os Estados Unidos ao Perú, Cuba ou a Arxentina, cunha gran porcentaxe de vitorias e amasando unha cantidade de diñeiro. Debido á súa fama, participou no filme italiano Quo Vadis? (Enrico Guazzoni, 1912), aínda que non está claro o papel que interpretou (algunhas fontes afirman que foi coa personaxe de Ursus, aínda que noutras afírmase que quen a desempeñou foi o romano Bruto Castellani). Logo de loitar en cidades como Río de Xaneiro, Madrid ou Liverpool, ao remate da primeira guerra mundial regresou a Galiza, chegando ao porto de Vigo o 1º de xullo de 1920 a bordo do vapor Desna, recibido en loor de multitudes.

Confiado nas súas capacidades decidiu dar o salto ao competitivo mundo do boxeo. A partir dos 40 anos comezou o baixón físico de Balsa, e unha serie de contundentes derrotas ante púxiles de non moi alta categoría levárono a retirarse da competición profesional.

Como adestrador de fútbol No ano 1926 incorporouse ao cadro técnico do Celta de Vigo en calidade de preparador físico e adestrador, en substitución de Francis Cuggy.

Esa tempada o Celta rematou o campionato como subcampión de Galicia por detrás do Deportivo da Coruña, que contaba dos xogadores que desertaran do Celta no proceso de fusión entre o Real Club Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, como Otero, Isidro ou Chiarroni. En consecuencia disputou a liga do torneo de subcampións de España, cuxa fase de grupos foi un paseo para o Celta, que gañou tódolos partidos, con 34 goles a favor e 8 en contra. En oitavos de final caeu nun terceiro partido de desempate ante o Arenas de Getxo.

Terminada a tempada produciuse unha renovación da xunta directiva do Celta, que decidiu non renovar ao adestrador Balsa e fichar ao escocés Mr. Cowan. Ese mesmo ano incorporouse como masaxista ao Deportivo da Coruña, aproveitando a súa experiencia na alta competición nunha época na que se coidaba moi pouco a condición física no fútbol.

Foi o adestrador do Deportivo no debut na Segunda División 1928–29, na que o equipo coruñés logrou o 8.º posto (6 vitorias, 4 empates e 8 derrotas), salvando o descenso por 3 puntos. Na seguinte campaña foi substituído polo coruñés Paco González Galán.

Ao cabo dun tempo Balsa incorporouse como adestrador e preparador físico á disciplina do CD Castellón, onde militou nas tempadas 1931/32 e 1932/33. O equipo acabou no último posto nesta segunda tempada e consumou o seu descenso, o cal supuxo o abandono de Balsa do club.

A súa grande oportunidade como adestrador chegou na tempada 1935/36, cando o contratou o Valencia CF como masaxista. Tras a destitución de Fiverb, Balsa foi nomenado adestrador. Os resultados foron moi discretos. Porén co inicio da Guerra Civil Balsa mantívose leal á II República, formando parte do novo Valencia dos traballadores, trala incautación do equipo por parte dos empregados e futbolistas.

En 1950 o Valencia CF disputou un amigábel co Burjassot CF a beneficio do seu antigo adestrador.Hoja Oficial del Lunes, 3-4-1950, p. 3. A finais dos anos cincuenta emigrou ao Brasil coa súa muller, reclamados polo seu fillo Andrés, dono de varios negocios. A finais dos anos sesenta morreu o seu fillo e a familia quedou na ruína. O Valencia CF xiroulle diñeiro para regresar a España e ofreceulle asentarse en Valencia coa súa muller.La Voz de Galicia, 28-9-1969, p. 9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La perra vida de Andrés Balsa Acotaciones de un ferrolés

Andrés Balsa, el Hércules gallego que maravilló al mundo

Categoría:Boxeadores de peso pesado Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do CD Castellón Categoría:Adestradores do Valencia CF Categoría:Loitadores de Galicia Categoría:Boxeadores de Galicia Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña