O Jyväskylän palloilijat, máis coñecido como JYP, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Jyväskylä (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, competición que gañou en dúas ocasións (2009 e 2012). Xoga os seus partidos como local no Synergia Areena, un pavillón inaugurado en 1982 e con capacidade para 4.618 espectadores.

Historia O JYP foi fundado en 1977 co nome de Jyväskylän Pallo. Actualmente o seu nome é Jyp Jyväskylä Oy. En 1985 conseguiu o ascenso á máxima categoría, a SM-liiga, permanecendo nela dende aquela. Na tempada 2008-09 chegou o primeiro grande éxito do equipo ao conseguir proclamarse campión da competición tras derrotar por 4-0 na final disputada ao mellor de sete encontros ao Kárpät,JYP is the reigning Finnish champion in 2009! jypliiga.fi logo de perder as dúas finais disputadas ata o momento en 1989 e 1992 e ter finalizado como campión da liga regular ese mesmo ano. No 2010 foi novamente campión da liga regular, mais perdeu nas semifinais fronte ao TPS en seis partidos (4-2). Finalmente, no 2012 alzouse co título da SM-liiga por segunda vez na súa historia tras derrotar na final aos Pelicans por 4-1.

Palmarés 2 SM-liiga: 2009 e 2012 1 Champions Hockey League: 2018

Xogadores Números retirados Números retirados por JYP NºXogadorCarreira 1 Ari-Pekka Siekkinen 1984-19962000-2001 10 Pertti Rastela 1974-1991 13 Riikka Sallinen 1989-19921994-19951996-20022013-2016 19 Pentti Mikkilä 30 Risto Kurkinen

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do JYP

Categoría:JYP