O Pelicans Lahti é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lahti (Finlandia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga. Un dos seus propietarios é o ex-porteiro da NHL Pasi Nurminen. Xoga os seus partidos como local no Isku Areena de Lahti, un pavillón con capacidade para 5 371 persoas.

Historia miniatura|250px|Bandeirolas cos títulos dos Pelicans no Lahden jäähalli. Antecedentes En 1891 fundouse o Viipurin Reipas na localidade de Viipuri (actual Vyborg, en Rusia), e en 1928 proclámase campión da primeira edición da máxima competición do hóckey sobre xeo en Finlandia, a SM-sarja. Logo da segunda guerra mundial incluíndo a Guerra de continuación, que enfrontou á URSS e a Finlandia, Vyborg foi cedida á URSS e o club trasladouse a Lahti, convertendose no Lahden Reipas. En 1975, creouse a SM-liiga e o Kiekkoreipas, équipo de hockey sobre xeo do club polideportivo Lahden Reipas debutou na segunda división finesa, a 1.Divisioona. En 1989, o nome do club cambiou a Hockey Reipas.

O Reipas Lahti fundouse en primavera de 1992 polo editor Kari Naskinen trala quiebra do Kiekkoreipas. Na súa primeira tempada na máxima categoría 1992-93, o equipo finalizou na 12ª e última posición, mais gañou a fase de promoción e mantívose na elite do hóckey sobre xeo finés. Na tempada seguinte, o Reipas Lahti finalizou novamente na derradeira posición da clasificación, así como na cuarta e última posición da fase de promoción, polo que descendeu á 1.Divisioona.

Pelicans Lahti En 1996, o club foi renomeado Pelicans. Na tempada 1998-99, logo de finalizar no segundo posto a 1.Divisoona, o equipo disputou a promoción de ascenso á SM-liiga, batendo sucesívamente a Kokkolan Hermes, Vaasan Sport e KalPa para retornar á máxima categoría. Na tempada 1999-00, no seu retorno á SM-liiga, o equipo finalizou novamente na 12ª e última posición con tan só oito partidos gañados dun total de 54 disputados. Novamente, os Pelicans víronse obrigados a disputar a promoción fronte ao mellor equipo da 1.Divisioona, o Kärpät. A pesar de perder a promoción, os Pelicans beneficiáronse do troco na estrutura da liga, que pasou de 12 a 13 equipos, polo que se mantiveron na elite finesa.

Na tempada 2000-01, o equipo clasificouse por primeira vez na súa historia para os playoffs logo de finalizar na sétima posición a liga regular; a tempada seguinte, os Pelicans finalizaron na 5ª posición e clasificáronse novamente para os playoffs. Mais logo destas dúas tempadas, volveron completar varias malas tempadas que os levaron a finalizar na 12ª posición na tempada 2002-03, na 13ª na tempada 2003-04, novamente na 13ª na tempada 2004-05, e novamente na 12º na tempada 2005-06. A SM-liiga converteuse nunha liga pechada na tempada 2000-01, polo que os Pelicans se mantiveron na elite sen disputar a promoción en 2004 ee 2005 a pesar da súa derradeira posición na liga.

Entre o 2007 e o 2009, o equipo clasificouse para os playoffs aproveitándose da extensión de 8 a 10 equipos clasificados para a fase final.

Na tempada 2011-12 proclamouse subcampión e conseguiu a medalla de prata logo de perder na final disputada ao mellor de sete partidos fronte ao JYP por 4-1.

En 2017 o equipo conquistou o seu primeiro título internacional logo de gañar a primeira edición do Energy Steiermark Trophy, un torneo de pretemporada celebrado na cidade de Graz (Austria), na que tamén participaron o Eisbären Berlin alemán, o HK Nitra eslovaco, e o equipo local, o Graz 99ers. Na final os Pelicans derrotaron a Eisbären por 5-3.

Denominacións Os Pelicans fundáronse na cidade de Viipuri (actualmente en Rusia) baixo o nome de Viipurin Reipas. A historia do equipo na cidade de Lahti começou en 1945, e dende aquela adoptou distintas denominacións ata que en 1996 adoptou a súa denominación actual:

Denominacións Nome Período Viipurin Reipas 1891–1945 Lahden Reipas 1945–1975 Kiekkoreipas 1975–1989 Hockey Reipas 1989–1992 Reipas Lahti 1992–1996 Pelicans Lahti 1996-

Pavillón

300px|miniatura|Interior do Wemasto Areena. O equipo xoga os seus partidos como local no Wemasto Areena dende que adoptou a súa denominación actual en 1996. O pavillón está situado nas proximidades da estación de tren e o centro da cidade de Lahti, e ten capacidade para 5 371 persoas. O estadio conta tamén con salas de reunións e dous restaurantes.

Personalidades Xogadores Capitáns miniatura|200px|Jan Latvala exerceu de capitán nas tempadas 2009-2010 e 2010-2011. O primeiro xogador en ser nomeado capitán do equipo foi o finlandés Erkki Mononen na tempada 1966-67, dende aquela sucedéronse un total de 16 capitáns, a maioría deles liderando o equipo en solitario, coas únicas excepcións das tempadas 2001-2002 e 2009-2010, nas que Mika Niskanen e Toni Koivunen primeiro, e Erik Kakko e Jan Latvala despois, compartirion capitanía. Erik Kakko foi o xogador que máis tempadas exerceu de capitán cun total de catro en solitario e unha xunto con Jan Latvala. De todos os capitáns que tivo o equipo tan só un non naceu en Finlandia, foi o dinamarqués Stefan Lassen. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son: {| {| class="wikitable" style="text-align: center;" |colspan=4| Capitáns de 1966 a 2003 Nome(s) Período Erkki Mononen 1966 a 1968 Ilpo Koskela 1968-1969 ningún capitán 1969 a 1990 Erkki Laine 1990 a 1994 ningún capitán 1994 a 1996 Tony Grönroos 1996 a 1998 Kimmo Peltonen 1998-1999 Mika Niskanen 1999 a 2001 Mika Niskanen e Toni Koivunen 2001-2002 Jari Kauppila 2002-2003 </td> Capitáns dende 2003 Nome(s) Período Toni Koivunen 2003-2005 Erik Kakko 2005 a 2009 Erik Kakko e Jan Latvala 2009-2010 Jan Latvala 2010-2011 Arttu Luttinen 2011-2012 Tommi Paakkolanvaara 2012 a 2014 Juha Leimu 2014-2015 Antti Erkinjuntti 2015 a 2017 Stefan Lassen 2017-2018 Hannes Björninen 2018-2021 Joonas Jalvanti 2021-2022 Miika Roine 2022-

Números retirados Os Pelicans retiraron tres números en honor a outros tantos xogadores. Erkki Laine, finado nun accidente en 2009, foi homenaxeado cunha estatua en fronte do Isku Areena revelada o 28 de novembro de 2017, converténdose na primeira estatua de hóckey sobre xeo de Finlandia. Todos os xogadores homenaxeados naceron en Lahti.

Números retirados dos Pelicans NºXogadorPosiciónCarreira Ref. 11 Hannu Koskinen C 1972-1986 13 Erkki Laine LW 1975-1995 17 Kari Eloranta D 1976-1991

Adestradores Dende que o club adoptou a súa denominación actual en 1996, os Pelicans tiveron trece adestradores diferentes, dos cales dous deles (Hannu Aravirta e Petri Matikainen) dirixiron o equipo en dúas etapas distintas. O primeiro adestrador dos Pelicans foi Kari Eloranta, que é ademais o que máis tempo estivo á fronte do equipo de Lahti cun total de seis tempadas consecutivas entre a 1996-97 e a 2001-02. Con todo, foi con Kai Suikkanen cando o equipo logrou o seu mellor resultado histórico logo de proclamarse subcampión da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga. A seguinte táboa mostra todos os adestradores do equipo dende 1996:

Adestradores dos Pelicans Nome Período Kari Eloranta 1996-2002 Petteri Hirvonen Tempadas 2002-03 ata 2003-04 Petteri Sihvonen Tempada 2003-04 Petri Matikainen Tempada 2004-05 Jami Kauppi Tempada 2005-06 Hannu Aravirta Tempadas 2005-06 a 2008-09 Mika Toivola Tempadas 2009-10 a 2010-11 Pasi Räsänen Tempada 2010-11 Kai Suikkanen 2011-2013 Hannu Aravirta Tempada 2013-14 Tomi Lämsä Tempada 2014-15 Petri Matikainen 2015-2018 Ville Nieminen Tempada 2018-19 a 2019-20 Jesse Wellin Tempada 2019-20 Tommi Niemelä 2020-

Lahti-Kiekon Hall of Fame O Lahti-kiekon Hall of Fame naceu en 2013 para homenaxear ás personalidades que realizaron unha maior achega ao hóckey sobre xeo na cidade de Lahti e de Finlandia. Inicialmente foron introducidos 15 nomes: Ilpo Koskela, Erkki Mononen, Seppo Liitsola, Teemu Hiltunen, Hannu Koskinen, Erkki Laine, Kari Eloranta, Jarmo Mäkitalo, Markku Hakulinen, Yrjö Hakulinen, Reijo Mäki-Korvela, Harri Nyman, Harri Toivanen, Juhani Jokela e Pentti E Rantanen. As persoas nomeadas para o Lahti-Kiekon Hall of Fame son escollidas por un comité integrado por persoas coñecedoras da historia e o presente do hóckey sobre xeo da cidade e do país. En 2019 estaba integrado polos seguintes nomes:

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Pelicans Naiset (equipo feminino)

Ligazóns externas Sitio web oficial dos Pelicans Ääriliike – Pelicans Lahti Supporters '05

Categoría:Pelicans Lahti