O Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, máis coñecido internacionalmente como KS Vllaznia, é un club de fútbol de Albania, da cidade de Shkodër. O seu estadio é o Loro-Boriçi. Historia Fundouse o 16 de febreiro de 1919 co nome de KS Bashkimi Shkodër, polo que é o club máis antigo de Albania. Dez anos despois sería renomeado como Bashkimi Shkodran e no ano 1935 como KS Vllaznia Shkodër, en 1950 KS Shkodër e un ano despois como ''Puna Shkodër. No ano 1958 adoptou por segunda e definitiva vez o seu nome actual Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër.
Na tempada 1978-79 acadou o seu maior éxito internacional, ao participar na Copa de Europa, na que foi eliminado en dazaseisavos de final ante o FK Austria Viena pese a gañar o partido de ida por 2-0 ao perder a volta cun contundente 1-4.
Equipamento Titular: Camiseta vermella con liñas verticais azuis con pantalón e medias vermellas. Suplente: Camiseta, pantalón e medias azuis.
Palmarés Liga de Albania (9): 1945, 1946, 1971-72, 1973-74, 1977-78, 1982-83, 1991-92, 1997-98, 2000-01 Copa de Albania (6): 1964-65, 1971-72, 1978-79, 1980-81, 1986-87, 2007-08 Supercopa de Albania (2): 1998, 2001 Campión da Segunda División de Albania (2): 1957, 1962
Adestradores
20px Ulrich Schulze (2006) Mirel Josa (2006–2008) Agim Canaj (2008–2009) Hasan Lika (2009) Roland Luçi (2009) Edi Martini (2009–2010) 20px Mojaš Radonjić (2010) Mirel Josa (2010–2011) Elvis Plori (2011) Rudi Vata (2011–2012) Armir Grimaj (2012) Shpëtim Duro (2012–2013) Artan Bushati (2013) Agim Canaj (2013–2014) Samuel Nikaj (2014) 20px Derviš Hadžiosmanović (2014)
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do club
Categoría:Equipos de fútbol de Albania