miniatura|200px|right|Ruhmeshalle Leo von Klenze, nado en Schladen, Krs Goslar o 29 de febreiro de 1784 e finado en Múnic o 27 de xaneiro de 1864, foi un arquitecto, pintor e escritor alemán do neoclasicismo. Traxectoria Destacou como arquitecto da corte de Baviera baixo o reinado de Lois I. A súa obra máis destacada é o conxunto da Königsplatz e os edificios que a arrodean, como a Gliptoteca de Múnic (1816 - 1834), para a cal se inspirou na tipoloxía de galería creada por Durand. Tamén en Múnic deseñou a Ruhmeshalle na Theresienwiese, onde se ergue a estatua colosal de Bavaria e a Residencia Real (Residenz). Noutras cidades alemás construíu o castelo de Wilhelmshöhe en Kassel, o Walhalla en Ratisbona e a Befreiungshalle en Kelheim, entre outros edificios.
O tsar Nicolao I de Rusia, na súa visita a Baviera, entusiasmouse coa súa obra e encargoulle a construción do novo Ermitage en San Petersburgo, que se concretou entre 1839 e 1852.
Von Klenze foi un prominente representante da corrente que reviviu o estilo grego en Europa. A tal punto, que se lle encomendou unha renovación da propia cidade de Atenas, con motivo da chegada da monarquía de Otto de Grecia.
Véxase tamén
Bibliografía Hubert Glaser (editor): König Ludwig I. von Bayern und Leo von Klenze. Der Briefwechsel. Teil I: Kronprinzenzeit König Ludwigs I. (= Fuentes de historia de Baviera V), 3 tomos, Múnic, 2004. Rudolf Wiegmann: Der Ritter Leo von Klenze und unsere Kunst. 1836. Ein griechischer Traum. Leo von Klenze der Archäologe. Catálogo de exposición da Gliptoteca de Múnic, 1985/86.
Categoría:Arquitectos de Alemaña Categoría:Arquitectos do Neoclasicismo Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1864 Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Pintores do Neoclasicismo Categoría:Nados na Baixa Saxonia