Portocarreiro é un lugar da parroquia de Vilapoupre no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2011 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres).

Toponimia O topónimo Portocarreiro está formado por dous elementos: Porto alude a un paso entre zonas elevadas, e Carreiro, do latín Carrarius, é un hodónimo referido a un camiño estreito para o paso de persoas e gando. A primeira mención a este topónimo é do Nomenclátor de 1933. Ata a década de 1970 o lugar coñecíase como A Casanova.

Lugares e parroquias Lugares de Vilapoupre

Parroquias de Antas de Ulla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Antas de Ulla

Categoría:Lugares de Antas de Ulla Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía