Precious: Based on the Novel "Push" by Sapphire, ou soamente Precious, é un filme estadounidense dirixido por Lee Daniels que se estreou no 2009. Baséase na novela Push de Sapphire.

Sinopse Clareece 'Precious' Jones (Gabourey Sidibe) é unha adolescente de negra e obesa de Harlem cuxa nai (Mo'Nique) a maltrata constantemente. Non sabe ler nin escribir e, cando se descobre que está embarazada, é expulsada da escola. A pesar de todo, a directora do centro inscríbea nunha escola alternativa para que intente encamiñar a súa vida. A súa nova mestra (Paula Patton) será a primeira persoa que confía en Precious e a trata con respecto.

Personaxes

Gabourey Sidibe como Claireece "Precious" Jones Mo'Nique como Mary Lee Johnston Paula Patton como Ms. Blu Rain Mariah Carey como Ms. Weiss Lenny Kravitz como Enfermeiro John McFadden Sherri Shepherd como Cornrows Nealla Gordon como Mrs. Sondra Lichtenstein Stephanie Andujar como Rita Romero Chyna Layne como Rhonda Patrice Johnson Amina Robinson como Jermaine Hicks Xosha Roquemore como Jo Ann Angelic Zambrana como Consuelo Quishay Powell como Mongo Grace Hightower como Servizos Sociais Kimberly Russell como Katherine Bill Sage como Mr. Wicher Sapphire como Coidadora de día

Galardóns e nomeamentos 2009: 2 Oscars: Mellor guión adaptado, actriz secundaria (Mo'Nique). 6 nomeamentos. 2009: Globo de Ouro: Mellor actriz secundaria (Mo'Nique). 3 nomeamentos. 2009: Premios BAFTA: Mellor actriz secundaria (Mo'Nique). 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2009: Festival de Sundance: Gran Premio do Xurado, Premio do Público. 2009: 5 Premios Independent Spirit: incluíndo mellor filme, director e actriz (Gabourey Sidibe). 2009: Festival de Toronto: Mellor filme (Premio do Público). 2009: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz secundaria (Mo'Nique).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Lee Daniels Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Filmes sobre VIH/SIDA Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes ambientados en Nova York