Pablo Vaamonde García, nado na Baña en 1956, é un médico galego.

Traxectoria Cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, realizando a especialidade de Medicina de Familiar e Comunitaria na Coruña. Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), e presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005. Entre 2005 e 2006 foi Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas. É coordenador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), que pretende promover o uso do galego no ámbito sanitario. Actualmente exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña), tras ter traballado varios anos en Estepona.

Ten publicado artigos en El Ideal Gallego, El Correo Gallego e La Voz de Galicia, así como na revista Tempos Novos.

Iniciouse na literatura con dúas obras teatrais, estreadas nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia polo Grupo de Teatro Malveira de Cariño: A taberna (1976) e Agardando polo tren (1977).

Obras Narrativa O fillo do emigrante, 2002, 3C3 Editores. O mes de abril, 2004, Espiral Maior. Luz Divina e outros retratos, 2006, Espiral Maior.

Ensaio

Pavillón de repouso (2020). Xerais. 230 páxs. ISBN 978-84-120579-9-7. Ilustracións de Xosé Cobas.

Obras colectivas A saúde como negocio, 2012, Laiovento. A comercialización da saúde. O Hospital Álvaro Cunqueiro: a grande estafa, 2016, Laiovento.

Premios Premio Lois Peña Novo no 2005 polo seu compromiso na promoción e defensa da lingua de Galicia.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor na Biblioteca Virtual Galega. Perfil do autor en Praza Pública

Categoría:Médicos da Baña Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1956