dereita|miniatura|Top manta en Riga, Letonia. A expresión top manta refírese á venda na rúa, de xeito ambulante e sen licenza, de copias de artigos como películas en DVD, música en CD, xogos e, menos habitualmente, programas informáticos. A expresión acadou unha gran sona popular e a súa autoría parece atribuírse ao cantante Miguel Ríos, o cal fixo uso dela de xeito retranqueiro para referirse ás persoas máis vendidas e populares na música:
Método miniatura|esquerda|Top manta en Barcelona. Os vendedores do top manta, coñecidos como manteiros, expoñen sobre unha manta os artigos copiados. As mantas adoitan ter dúas cordas atadas a cada extremo oposto, de modo que poida ser recollida toda a mercancía con rapidez facendo unha bolsa.
En España, tanto a Policía Local como a Policía Nacional, tralas denuncias da SGAE, outras sociedades de autores e nalgúns casos os propios autores, perseguen a práctica do top manta, que pode resultar nunha multa ou pena de cárcere. A mercancía confiscada pola Policía é destruída despois.
Os vendedores son, en moitos casos, inmigrantes sen papeis. A SGAE acusa as mafias de estaren tras o top manta, da explotación dos vendedores e do financiamento destas actividades ilegais. Os vendedores quedan cunha pequena parte do prezo de venda de cada artigo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Enrique Dans, blog, Top-manta, demagogia y el mundo al revés .
Categoría:Dereito de autor Categoría:Álbums musicais Categoría:Termos e conceptos de economía