O Delta III (Delta 8930 segundo a numeración clásica dos foguetes Delta e Delta 3940 segundo a nova numeración) foi o nome dun foguete espacial dos Estados Unidos en servizo ao final da década de 1990 e principios dos 2000.
Características O Delta III debía inaugurar a nova serie 8000 (3000 coa nova numeración) de foguetes Delta. Usaba os maiores aceleradores de propelente sólido usados pola familia Delta (que tamén acabaron usando os Delta II 7920H e Delta II 7925H), os GEM 46 e a etapa superior era crioxénica, alimentada por hidróxeno e oxíxeno líquidos, obtendo maior rendemento. Os dous primeiros intentos de lanzamento fracasaron, mentres que o terceiro foi un éxito. Os problemas de lanzamento, combinado cunha caída do mercado de satélites, deixou ó Delta III sen clientes: a NASA inclinouse por seguir os fiables Delta II, e a USAF decidiuse polo novo Delta IV para cubrir as súas necesidades. O Delta III foi finalmente cancelado.
Historial de lanzamentos Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas D-259 27 de agosto de 1998 Rampla LC-17B de Cabo Cañaveral Galaxy 10 Fallo Primeiro voo dun Delta III. Debido a un problema de guiado, os foguetes aceleradores de propelente sólido usaron todo o seu fluído hidráulico ós 71 segundos de voo en movementos oscilatorios innecesarios. O control de terra enviou o comando de autodestrucción ó foguete aos 75 segundos de voo, co foguete a 16 km de altura. D-269 5 de maio de 1999 Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral Orion 3 Fallo Un problema coa segunda etapa impediu a inserción do satélite nunha órbita utilizable. D-280 23 de agosto de 2000 Rampla SLC-17B de Cabo Cañaveral DM-F3 Éxito Último voo dun Delta III.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delta Delta A Delta B Delta C Delta D Delta E Delta F Delta G Delta J Delta K Delta L Delta M Delta N Delta P Delta 0100 Delta 1000 Delta 2000 Delta 3000 Delta 4000 Delta 5000 Delta II Delta IV
Categoría:Delta (foguete)