Lorenzo Fernández, coñecido como El Gallego, nado en Redondela o 20 de maio de 1900 e finado en Montevideo o 16 de novembro de 1973, foi un futbolista galego-uruguaio que xogaba na demarcación de dianteiro centro. Foi internacional coa selección uruguaia e campión do mundo en 1930.

Traxectoria De novo emigrou a Suramérica, vivindo no Uruguai e na Arxentina. Durante a súa carreira futbolística xogou con Club Atlético Capurro, River Plate FC, Atlético Wanderers e Peñarol.

Tamén xogou coa selección de fútbol do Uruguai, coa que anotou 4 goles, proclamándose campión do Mundial de Fútbol Uruguai 1930, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdam e Campión de América en 1926 e 1935. Na selección uruguaia compartiría equipo co tamén natural de Redondela José Pedro Cea.

Foi adestrador do CA Peñarol entre 1941 e 1942.

Participou convidado na Xira por Europa do Nacional de Montevideo no ano 1925, aínda que nunca pertenceu oficialmente a este club.

Palmarés Clubs Primeira División do Uruguai (5): 1928, 1929, 1932, 1933, 1935. Federación Uruguaia (1): 1923. "La Tribuna Popular" Trophy (1): 1932 José Piendibene Cup (1): 1929 Mirurgia Cup (1): 1928 Ricardo Pittaluga Cup (1): 1928 Copa Aldao (1): 1928

Selección Uruguaia Mundial de Fútbol (1): 1930. Copa América (2): 1926, 1935. Medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos (1): 1928 Copa Newton (2): 1929 e 1930. Copa Lipton (2): 1927 e 1929.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Final nos Xogos Olímpicos Ficha da súa participación na Copa do Mundo Participacións ca Selección Ficha da Copa do Mundo de 1930 ficha da Copa América de 1926

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Redondela Categoría:Finados en 1973 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CA Peñarol Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polo Uruguai Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930 Categoría:Futbolistas olímpicos de Galicia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Futbolistas mundialistas de Galicia Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América