Harrison Bryce Jordan Barnes, nado o 30 de maio de 1992 en Ames, Iowa, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria universitaria Barnes anotou 21 puntos no seu debut con North Carolina nun partido de exhibición nas Bahamas contra os Commonwealth Bank Giants. UNC gañou o partido por 130-87. O 1 de novembro de 2010, Barnes foi incluído no equipo All-American da pretempada por Associated Press. Foi o primeiro xogador de primeiro ano en recibir esta honra. No seu debut oficial con North Carolina, anotou 14 puntos e capturou 4 rebotes contra Lipscomb. Conseguiu o seu primeiro dobre-dobre o 11 de decembro de 2010 na vitoria por 96-91 contra a Universidade de Long Beach State, ó conseguir 19 puntos e 10 rebotes.
Barnes conseguiu a maior anotación da súa carreira universitaria contra Clemson o 12 de marzo de 2011, ó anotar 40 puntos, ademais de capturar 8 rebotes. Ademais, os 40 puntos de Barnes foron o maior número de puntos anotados por un xogador de primeiro ano nun partido do Torneo da ACC. O 18 de abril de 2011, Barnes anunciou a súa intención de xogar de novo para North Carolina na súa tempada coma sophomore.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Barnes foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors.
O 9 de xullo de 2016, Barnes asinou un contrato por catro anos e 94 millóns de dólares cos Dallas Mavericks.
O 6 de febreiro de 2019, Barnes foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio de Zach Randolph e Justin Jackson.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Biografía en North Carolina
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Ames, Iowa Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto