A selección de fútbol do País Vasco (en ) é un equipo de carácter non oficial organizado pola Federación Vasca de Fútbol, a entidade privada sen ánimo de lucro que xestiona o fútbol no ámbito do País Vasco. A selección acolle a xogadores de todos os territorios vascos, nados na Comunidade Autónoma Vasca, en Navarra ou no País Vasco francés.

Carece de recoñecemento por parte da FIFA, pois os seus estatutos (artigo 10) estipulan que para que unha selección poida participar en competicións internacionais oficiais debe ou ben representar a un estado independente ou ter autorización expresa da federación do país correspondente (neste caso da Federación Española de Fútbol). É por este motivo que só disputa partidos amigábeis.

Durante a Segunda República xogou baixo as denominacións de Vasconia e Euzkadi. Trala caída do franquismo levou os nomes de "selección de Euzkadi" ou "de Euskadi". En 2007 cambiou a súa denominación a "selección de Euskal Herria"Nova en "El Diario Vasco" sobre o cambio de nome promovido pola Federación Vasca(en éuscaro Euskal Herriko Selekzioa), retomando en 2008, non sen polémica, o antigo nome de "selección de Euskadi".

Notas

Categoría:Fútbol no País Vasco País Vasco País Vasco