A Associazione Sportiva Roma é un club de fútbol de Italia, radicado na cidade de Roma na rexión do Lacio. Fundouse en 1927, participou permanentemente na máxima categoría do fútbol italiano dende a creación desta, ausentándose unicamente na tempada 1951-52.

Até o momento, a Roma consagrouse campión da Serie A italiana en 3 ocasións, ademais de adxudicarse a Copa de Italia en 9 ocasiónss. A nivel internacional, conquistou a Copa de Feiras na tempada 1960-61 e alcanzou a final da Copa de Europa en 1983-84 e da Copa da UEFA en 1990-91.

Exerce como local no Stadio Olimpico di Roma, o cal comparte co seu tradicional rival SS Lazio. Cunha capacidade de 81 903 espectadores é o segundo estadio con maior capacidade en Italia, só por detrás do Estadio Giuseppe Meazza de Milán, e está considerado, segundo os parámetros da UEFA, como un reduto de 5 estrelas.

Foi elixido catro veces pola IFFHS como o Mellor equipo do mundo do mes.O mellor equipo do mes do mundo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Categoría:AS Roma