Ignazio Abate, nado o 12 de novembro de 1986 en Sant'Agata de' Goti, é un futbolista italiano. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AC Milan. Ademais, é internacional na selección de Italia.

Traxectoria Club Abate comezou a xogar no modesto Rescaldina, antes de chegar á canteira do AC Milan en 1999. Fixo o seu debut coma profesional na tempada 2003-04 nun partido da Copa de Italia contra a Sampdoria, o 3 de decembro de 2003. Fixo ademais o seu debut en competicións europeas o 9 de decembro, nun partido da fase de grupos da Liga de Campións contra o Celta de Vigo.

Entre 2004 e 2007, estivo cedido en varios equipos italianos, SSC Napoli, UC Sampdoria, Piacenza e Modena FC. Na tempada 2007-08, fichou polo Empoli FC e fixo o seu debut na Serie A. Esa mesma tempada, anotou o seu primeiro gol na Serie A contra o Genoa CFC o 27 de abril de 2008. O seguinte ano fichou polo Torino FC, onde xogou 25 partidos e anotou un gol.

O 24 de xuño de 2009, o Milan trouxo de volta a Abate, e entrou no equipo para a tempada 2009-10. O 11 de febreiro de 2010, o Milan ofreceulle unha extensión de contrato ata 2014, e Abate asinou a renovación.

Palmarés Club Milan 14px|Scudetto Serie A: 2 2003–04, 2010-11

Supercoppa Italiana: 1 2011

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do AC Milan Perfil en Assocalciatori.it International caps at FIGC.it Perfil en ESPN

Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do AC Milan Categoría:Xogadores do SSC Napoli Categoría:Xogadores do Piacenza Calcio Categoría:Xogadores do Modena FC Categoría:Xogadores do Empoli FC Categoría:Xogadores do Torino FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008