O Museo Pablo Casals é un museo da cidade de San Xoán (Porto Rico), dentro do Vello San Xoán. Está situado nunha casa colonial da praza de San José.
Está dedicado ao violonchelista catalán e universal, Pau Casals (1876-1973), quen viviu os derradeiros 17 anos da súa vida na capital portorriqueña, onde ademais rematou a súa obra mestra El Pessebre. Os amantes da música poden examinar a biblioteca e a cintateca do músico, así como o seu piano, violonchelo e obxectos persoais. Actualmente acolle unha exposición de fotografías e documentos sobre o concerto de Casals na Casa Branca, en 1961. Abre de Martes a Sábados, de 9.30 a 16.30. É administrado pola Corporación de las Artes Musicales, que tamén xestiona o Festival Casals de Puerto Rico.
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación de Museos de Puerto Rico Corporación de las Artes Musicales
Categoría:Cultura de Porto Rico Categoría:Museos