Manuel Font i Altaba, nado en Barcelona o 4 de febreiro de 1922 e finado en Barcelona o 30 de abril de 2005, foi un político español e alcalde en funcións de Barcelona entre xaneiro e abril de 1979.

Traxectoria Licenciouse en Química e despois fixo o doutoramento en Farmacia e en Ciencias Naturais na Universidade de Barcelona. Era considerado un destacado experto en mineraloxía e cristalografía, campos nos que publicou máis de douscentos artigos de investigación e algúns libros.

Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Barcelona e catedrático de Cristalografía, Mineraloxía e Mineralotecnia da Universidade de Barcelona. Profesor emérito desde o ano 1988, tamén foi director do Departamento de Cristalografía e Mineraloxía e vicedecano da Facultade de Ciencias (1969-1973). Membro da Real Academia das Ciencias e as Artes de Barcelona e doutras sociedades científicas de prestixio.

Ocupou diversos cargos políticos no Concello de Barcelona, entre os cales destaca o de alcalde en funcións o ano 1979.

Véxase tamén

Categoría:Alcaldes de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2005