Diamant B-P4 foi un foguete espacial francés en servizo durante 1975.

Características Diamant B-P4 foi o sucesor do Diamant B. A mellora do Diamant B foi autorizada en xaneiro de 1972 coa adición dunha segunda etapa P4 Rita. A cofia, de maior diámetro que nas versións anteriores (1,38 m) e desenvolvida incicialmente para o foguete británico Black Arrow, permitía cargas máis voluminosas. O Diamant B-P4 foi lanzado tres veces, todas con éxito.

Historial de lanzamentos Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 1 6 de febreiro de 1975 Rampla D do Centro Espacial de Kourou Starlette Éxito Primeiro voo dun Diamant B-P4. 2 17 de maio de 1975 Rampla D do Centro Espacial de Kourou Castor / Pollux Éxito 3 27 de setembro de 1975 Rampla D do Centro Espacial de Kourou Aura Éxito Último voo dun Diamant B-P4.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Diamant A Diamant B

Categoría:Foguetes espaciais