Johann Ludwig Bach, nado o 4 de febreiro de 1677 e finado o 1 de marzo de 1731, foi un organista e compositor alemán, chamado ás veces "Bach de Meiningen".
Traxectoria Era fillo de Jacob Bach. Naceu en Ruhla. Tras cursar os seus estudos musicais e teolóxicos en Gotha, foi cantor na cidade de Ruhla. En 1699 foi chamado á corte de Meiningen, onde en 1703, proposto polo príncipe Bernardo I de Saxonia-Meiningen, foi nomeado cantor e mestre de paxes. Foi director da orquestra local da corte dende 1711 e tivo o honor de ver as súas partituras copiadas por Johann Sebastian Bach. Morreu nesa cidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Notas e Discografía
Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Nados en 1677 Categoría:Finados en 1731 Johann Ludwig