miniatura|right| Tipo JS43 pilotado por Olivier Panis no Gran Premio de Mónaco de 1996. miniatura|200px|Volta de formación O Gran Premio de Mónaco de 1996 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de maio de 1996 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. A carreira correuse con choiva e foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de , disputada en principio sobre 78 voltas, gañouna Olivier Panis anotando a súa única vitoria na Fórmula Un, logrando a última vitoria na Fórmula Un para o equipo Ligier (e o primeiro para o fabricante do motor Mugen Motorsports) logo de cambiar aos pneumáticos lisos nunha parada en boxes moi oportuna. En virtude do regulamento, a carreira detívose no límite de dúas horas desde o inicio, cando se completaron 75 voltas das 78 que estaban previstas. Dos 22 coches, só catro chegaron á liña de meta.
Informe Práctica e cualificación
Michael Schumacher logrou a pole, pero causou unha controversia de menor importancia cando na súa volta de desaceleración impediu a Gerhard Berger facer un bo tempo ao final da sesión. Ao saír do túnel Schumacher circulaba lentamente, recibindo o recoñecemento da multitude, mentres que Berger estaba nunha volta rápida. Schumacher tratou de apartarse do camiño de Berger, pero o austríaco ía demasiado rápido e tivo que virar a gran velocidade para evitar ao Ferrari, entrando na chicane ao revés.
Carreira
Olivier Panis foi o máis rápido na volta de formación Jacques Villeneuve foi 18º logo de preparar unha configuración de mollado en previsión de esperada choiva. Entre a sesión de warm-up e a carreira, caeron fortes choivas no circuíto. Engadiuse unha sesión adicional de 15 minutos para permitir aos pilotos afacerse ás novas condicións xa que era a primeira vez que caía a choiva a fin de semana. A sesión levouse a cabo ás 13:15;CEST (GMT +2). Varios pilotos saíronse da pista durante a sesión, incluíndo a Pedro Lamy, Pedro Diniz e Giancarlo Fisichella, pero todos lograron continuar. Os únicos dous pilotos con danos foron Mika Häkkinen e Andrea Montermini, que sufriron danos no seu coche. Jean Alesi sufriu unha picada ao final da sesión, pero foi capaz de volver á rúa de boxes. Varios pilotos optaron por saltar a sesión. O equipo Footwork optou por non participar, xa que non tiñan pezas de reposto, e calquera accidente marcaría o final do seu fin de semana. Häkkinen foi o máis rápido, establecendo o seu tempo antes do seu accidente, con Alesi, Rubens Barrichello e Johnny Herbert por detrás. Os dous Williams foron sétimo e oitavo, con Villeneuve por diante de Damon Hill e Schumacher detrás deles, noveno. A carreira comezou ás 14:30 CEST.
Na volta de arrequecemento Montermini estrelou o seu Forti saíndo do túnel, e a falta dun coche de reserva significou que o italiano non puido iniciar a carreira en mollado, polo tanto, só 21 coches tomaron a saída. Hill, conseguiu pasar a Schumacher en Santa Devota, mentres que máis atrás xa había problemas. Jos Verstappen, que optara por iniciar a carreira con pneumáticos de seco, deslizouse directamente contra o muro. Os dous Minardi elimináronse cando se engancharon na saída da primeira curva. E así, 18 coches subían polo outeiro na primeira volta. Hill comezou a afastarse, mentres que Schumacher, gañador da pole perdeu o control saíndo de Mirabeau e chocou contra o muro, deixando 17 coches en marcha. Ao chegar á Rascasse, Barrichello fixo un trompo. Logo de cinco voltas, só había 13 coches en carreira Ukyo Katayama (accidente), Ricardo Rosset (accidente) e Diniz (transmisión) uníronse á lista de abandonos. Unha diferenza significativa empezou a abrirse entre os líderes e Eddie Irvine, cuarto. De feito había unha cola de oito coches detrás do lento Ferrari. Berger retirouse na volta 10 con problemas na caixa de cambios e quedaron 12 autos, mentres que Heinz-Harald Frentzen danou o seu alerón dianteiro intentando pasar Irvine. Na volta 31, Martin Brundle trompeou, o que deixou a só 11 coches na carreira. Tres voltas máis tarde, Irvine, finalmente, foi adiantado, cando Panis logrou pasalo na curva de Loews, nunha manobra electrizante. Irvine perdeu o control e atascouse pero incorporou de novo o seu coche coa axuda dos comisarios. Hill, pola súa banda, perdeu brevemente a vantaxe con Alesi cando fixo unha parada en boxes na volta 30 para cambiar a pneumáticos lisos cando pista comezou a secarse, pero recuperou o liderado unha volta despois, cando superou ao francés (que aínda estaba con pneumáticos de choiva) na pista. Alesi fixo a súa parada en boxes pouco despois, o que permitiu a Hill ampliar a súa vantaxe a case 30 segundos e seguir imperturbable na parte dianteira ata a volta 40, cando un erro na caixa de cambios levou a que fallara o motor na saída do túnel, foi a súa primeira retirada da tempada. Alesi tomou o liderado que duroulle 20 voltas, cando a súa suspensión fallou, entregando a primeira posición a Panis. Luca Badoer perdía seis voltas no Forti cando chocou con Villeneuve en Mirabeau, retirándose os dous pilotos. A carreira non cubriu a distancia total no tempo límite e a regra das dúas horas entrou en vigor. Panis aventaxaba a David Coulthard por unha pequena marxe, con só outros cinco coches detrás deles. Irvine finalizou unha tarde memorable ao trompear no mesmo punto no que o seu compañeiro Schumacher se estrelou. Mentres trataba de reincorporarse, foi golpeado por Mika Salo, que era á súa vez golpeado por Häkkinen. Os tres coches retiráronse e os comisarios tiveron que traballar duro para limpar a pista. Afortunadamente só había catro coches circulando, con Frentzen último. O alemán, que facilmente podería liderar a carreira, decidiu retirarse a boxes na penúltima volta, de tódolos xeitos corría por última vez. Xa que, só Panis, Coulthard e Herbert acabaron a carreira, o francés gañou o seu único Gran Premio e foi a primeira vitoria de Ligier en 15 tempadas. Frentzen, Salo e Häkkinen clasificáronse nas posicións dos puntos finais con Irvine acreditado no sétimo lugar.
Clasificación Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 1 Michael Schumacher Ferrari 1:20.356 2 5 Damon Hill Williams-Renault 1:20.866 +0.510 3 3 Jean Alesi Benetton-Renault 1:20.918 +0.562 4 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 1:21.067 +0.711 5 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:21.460 +1.104 6 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 1:21.504 +1.148 7 2 Eddie Irvine Ferrari 1:21.542 +1.186 8 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:21.688 +1.332 9 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 1:21.929 +1.573 10 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 1:21.963 +1.607 11 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 1:22.235 +1.879 12 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 1:22.327 +1.971 13 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 1:22.346 +1.990 14 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 1:22.358 +2.002 15 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 1:22.460 +2.104 16 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 1:22.519 +2.163 17 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 1:22.682 +2.326 18 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 1:22.684 +2.328 19 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 1:23.350 +2.994 20 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 1:24.976 +4.620 21 22 Luca Badoer Forti-Ford 1:25.059 +4.703 22 23 Andrea Montermini Forti-Ford 1:25.393 +5.037 107% tempo: 1:25.981
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 9 Olivier Panis Ligier-Mugen-Honda 75 2:00:45.629 14 10 2 8 David Coulthard McLaren-Mercedes 75 +4.828 5 6 3 14 Johnny Herbert Sauber-Ford 75 +37.503 13 4 4 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 74 Retirada 9 3 5 19 Mika Salo Tyrrell-Yamaha 70 Colisión 11 2 6 7 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 70 Colisión 8 1 7 2 Eddie Irvine Ferrari 68 Collisión 7 Ret 6 Jacques Villeneuve Williams-Renault 66 Colisión 10 Ret 3 Jean Alesi Benetton-Renault 60 Suspensión 3 Ret 22 Luca Badoer Forti-Ford 60 Colisión + Eléctrico 21 Ret 5 Damon Hill Williams-Renault 40 Motor 2 Ret 12 Martin Brundle Jordan-Peugeot 30 Trompo 16 Ret 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 9 Caixa de cambios 4 Ret 10 Pedro Diniz Ligier-Mugen-Honda 5 Transmisión 17 Ret 16 Ricardo Rosset Footwork-Hart 3 Trompo 20 Ret 18 Ukyo Katayama Tyrrell-Yamaha 2 Trompo 15 Ret 1 Michael Schumacher Ferrari 0 Accidente 1 Ret 11 Rubens Barrichello Jordan-Peugeot 0 Trompo 6 Ret 20 Pedro Lamy Minardi-Ford 0 Colisión 19 Ret 21 Giancarlo Fisichella Minardi-Ford 0 Colisión 18 Ret 17 Jos Verstappen Footwork-Hart 0 Accidente 12 NTS 23 Andrea Montermini Forti-Ford Accidente na volta de formación 22
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Damon Hill 43 2 Jacques Villeneuve 22 3 Michael Schumacher 16 4 Jean Alesi 11 5 Olivier Panis 11
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Renault 65 2 Ferrari 25 3 Benetton-Renault 18 4 McLaren-Mercedes 16 5 Ligier-Mugen-Honda 11
Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1996