DS-MO foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó desenvolvemento de sistemas aerodinámicos para a estabilización e orientación de naves espaciais, así como a facer experimentos con equipamento óptico militar.

Os satélites DS-MO foron tamén coñecidos como "frechas espaciais" debido ó seu estabilizador aerodinámico. Foron as primeiras naves espaciais en usar un control de actitude aerodinámico e as únicas naves da serie DS en contar cun control de actitude dalgún tipo. En total lanzáronse dous satélites da serie DS-MO: o Kosmos 149, o 21 de marzo de 1967, e o Kosmos 320, o 16 de xaneiro de 1970. Ámbolos dous satélites foron lanzados con éxito.

Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 21 de marzo de 1967 Kapustin Yar Kosmos 149 Éxito Primeiro voo dun DS-MO. 16 de xaneiro de 1970 Kapustin Yar Kosmos 320 Éxito Último voo dun DS-MO.

Notas

Categoría:DS-MO