Héctor Font Romero, nado en Vila-real (Castelló) o 15 de xuño de 1984, é un futbolista español que actualmente xoga como centrocampista.
Traxectoria Comezou a súa carreira no Villarreal CF (2002–2006), facendo o seu debut na Primeira División, con tan só dezaoito anos, o 15 de xuño de 2003 (RCD Español 2 - Villarreal CF 2). Esa tempada participou en dous encontros co primeiro equipo. A tempada seguinte, a 2003–04, é cedido ao Ciudad de Murcia da Segunda División, co que realiza unha gran tempada, xogando 38 partidos e marcando dous goles. Ao finalizar a súa experiencia no equipo murciano, regresa a Villarreal.
O xogador pasa tres tempadas máis no equipo do submarino amarelo, co que gaña dúas Copa Intertoto e disputa 54 partidos, marcando 3 goles. Tamén participou durante a súa etapa no conxunto amarelo en 11 partidos da Copa da UEFA 2004–05, marcando dous goles, e en 4 partidos da Liga de Campións 2005–06. Fichou polo CA Osasuna en xullo de 2006, club que abandonou en 2009. O balance no conxunto navarro foi de 69 partidos disputados en tres campañas e 3 goles marcados.
Para a tempada 2009–10 fichou polo Real Valladolid, sendo unha tempada negativa tanto para o club, que descende a Segunda, como para el, que tan só disputa 10 partidos co club de Valladolid. A tempada 2010–11 a disputa no Xerez CD, realizando unha aceptable campaña, disputando un total de 29 partidos e marcando un gol. No mercado estival da tempada 2011-12 fichou polo Recreativo de Huelva, da Segunda División, club no que tan só disputou dous partidos por desavinzas co seu adestrador. Debido a isto, decide abandonar o Decano.
No mercado de inverno ficha polo FC Cartagena, club da Segunda División, cuxo obxectivo era o ascenso á Primeira División e no que finalmente se cambian os obxectivos marcados a principios de tempada e pásase a loitar pola permanencia na categoría. No seu contraro figuraba a renovación automática do seu contrato por unha tempada máis se a permanencia era conseguida. Isto non se produciu, xa que a falta de dúas xornadas consumouse o descenso do cadro de xogadores máis caro até a data do fútbol cartaxeneiro.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesVillarreal CFPrimeira2002-200320Ciudad de MurciaSegunda2003-2004382Villarreal CFPrimeira2004-2005332Villarreal CFPrimeira2005-2006211OsasunaPrimeira2006-2007170OsasunaPrimeira2007-2008322OsasunaPrimeira2008-2009201Real ValladolidPrimeira2009-2010100Xerez Club DeportivoSegunda2010-2011291Recreativo de HuelvaSegunda201120FC CartagenaSegunda2012170LugoSegunda2012-2013240HérculesSegunda2013-2014160Real OviedoSegunda B2014-2015370Real OviedoSegunda2015-2016
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Vila-real Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do CF Ciudad de Murcia Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21