Oroonoko é unha novela curta da escritora británica Aphra Behn, que foi publicada en lingua inglesa en 1688. Foi traducida ao galego por Marifé González, e publicada por Editorial Hugin e Munin en 2012.

Características A obra, cuxo protagonista é un africano escravizado e levado a Suriname durante a década de 1660, conta unha tráxica relación amorosa que, aparentemente, foi inspirada nas viaxes que a propia autora fixo ás colonias suramericanas. Adoita afirmarse que Behn foi a primeira inglesa que se dedicou profesionalmente á composición de novelas e pezas teatrais. Oroonoko cóntase entre as máis antigas novelas da lingua inglesa, e describe ben o sistema escravista da época.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Texto inglés con ortografía modernizada no fondo dixital da Universidade de Adelaida. Ficha na web da editorial.

Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras literarias de 1688 Categoría:Escravitude Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego