Biblos Clube de Lectores é un club de lectura así como unha editorial galega con sede en Oza Cesuras. Carmela González é a directora e Tucho Calvo o director literario. Comezou a súa andaina en 2003 cun catálogo de obras en galego cunha tiraxe inicial de 278.000 exemplaresFicha de Biblos na páxina web da AGE., distribuído cos principais xornais de Galiza.

Ten habilitada unha plataforma de pagamento en rede dende a que se poden adquirir máis de 7000 títulos distintos. Funciona mediante subscricións, cuxo custo é de 15 euros anuais máis o compromiso por parte do lector de comprar cando menos un título cada dous meses. Esta empresa é a encargada de organizar o Premio Biblos-Pazos de Galicia, que premia unha narradora ou un narrador menor de 25 anos coa posibilidade de rematar a súa primeira novela coa axuda dun titor experimentado.

En agosto de 2013 inaugurou unha libraría en Betanzos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Biblos

Categoría:Edición en Galicia