As células do nevo, células do nevus ou nevocitos son unha variante dos melanocitos. Son máis grandes ca os melanocitos típicos, non teñen prolongacións dendríticas, e teñen un citoplasma máis abundante con grosos gránulos. Normalmente están situados na zona de unión dermoepidérmica ou na derme da pel.
As células do nevo dérmicas poden ser clasificadas en tres tipos: célula do nevo dérmica (epitelioide) tipo A, que madura formando as células do nevo dérmicas (linfocitoides) tipo B, que á súa vez se diferencian máis en células do nevo dérmicas (neuroides) de tipo C. Este proceso de maduración prodúcese mentres migran cara a zonas máis profundas da pel.
As células do nevo son o principal compoñente do nevo melanocítico (nevo, lunar).
As células do nevo poden atoparse tamén nos nódulos linfáticos. e no timo.
Notas
Categoría:Histoloxía Categoría:Pel