Michael Haneke, nado o 23 de marzo de 1942 en Múnic, Alemaña é un director e guionista de nacionalidade austríaca coñecido polo seu estilo cinematográfico sombrío e perturbador. Os seus filmes acostuman documentar os problemas e os fracasos na sociedade moderna.
É un dos únicos oito directores que gañaron en dúas ocasións a Palma de Ouro do Festival de Cannes: en 2009 co filme Das weiße Band e en 2012 con Amour. Gañou tamén o Premio do Festival de Cannes ao mellor director co filme Caché. É ademais o director máis veces premiado como mellor director nos Premios do Cinema Europeo (tres veces), certame no que os seus filmes gañaron tamén tres veces o Premio ó mello filme. O seu filme Amour levou tamén o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Goya á mellor película europea.
En 2013 foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Artes.
Filmografía Cine Der siebente Kontinent (1989) Benny's Video (1992) 71 Fragmente einer Chronologie des Zufalls (1994) Funny Games (1997) Code inconnu (2000) La pianiste (2001) Le temps du loup (2003) Caché (2005) Funny Games (2008) Remake estadounidense Das weiße Band (2009) Amour (2012) Happy End (2017)
Telefilmes ...Und was Kommt Danach? (1974) Drei Wege zum See (1976) Sperrmüll (1976) Lemminge, Teil 1: Arkadien (1979) Lemminge, Teil 2: Verletzungen (1979) Variation (1983) Wer war Edgar Allan? (1984) Fräulein (1985) Nachruf für einen Mörder (1991) Die Rebellion (1992) Das Schloß (1997)
Curtametraxes Lumière and Company''' (1995) (segmento "Michael Haneke/Vienne")
Galardóns e nomeamentos No 2009, o seu filme Das weiße Band gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa. No 2012, o seu filme Amour'' gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e o Premio Goya á mellor película europea entre outros. No 2013 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Artes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb
Categoría:Directores de cinema de Austria Categoría:Nados en 1942 Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Nados en Múnic