miniatura|dereita|Sección do embrión. En todos os animais de simetría bilateral, o mesoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas primeiras fases do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o ectoderma (capa externa) e o endoderma (capa interna), en tanto que o mesoderma é a capa intermedia.).Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010. Os animais diblásticos (como cnidarios e ctenóforos) non teñen mesoderma.

O mesoderma diferénciase do resto do embrión por medio de sinalización intercelular, despois do cal é polarizado por un centro organizador.

Comunmente divídese o mesoderma en paraxial, intermedio e lateral.

Elementos derivados do mesoderma Nos vertebrados o mesoderma dá lugar aos seguintes tecidos e órganos:

Orixina a notocorda, órgano transitorio que induce a formación do tubo neural e establecemento do eixe anteroposterior. Orixina os somitas, que son bloques de células mesodérmicas situados a ambos os lados do tubo neural, que se desenvolven para dar lugar a outros tecidos como a cartilaxe, o músculo, o esqueleto e a derme dorsal. Orixina o aparato excretor (a maior parte) e as gónadas. Orixina o aparato circulatorio e revestimentos de cavidades internas (non conectadas co exterior) do organismo e todas as membranas extraembrionarias importantes para o transporte de nutrientes. Orixina o tecido mesenquimal da cabeza, que formará moitos dos tecidos conectivos e a musculatura da cara.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Endoderma Ectoderma Celoma Organoxénese Mesénquima Triblástico Ligazóns externas EmbryologyUNSW Notes/skmus6 EmbryologyTemple EMBIII97/sld039

Categoría:Embrioloxía