Claudio González Zúñiga, nado en Pontevedra o 3 de agosto de 1784 e finado na mesma vila o 3 de novembro de 1857, foi un médico, historiador e político galego.

Traxectoria miniatura|Placa na rúa que leva o seu nome en Pontevedra. Combateu durante a Guerra da Independencia española, sendo distinguido co Foro Militar e cunha pensión vitalicia. En 1815 fíxose frade da orde de San Xoán de Deus, pero trala desamortización desapareceu a orde e marchou do hospital.

En 1823 foi elixido alcalde de Pontevedra. Trala fin do Trienio liberal foi perseguido polas sociedades secretas Estrella e El Ángel Exterminador. Refuxiouse nun barco contrabandista en Beluso (Bueu), pero caeu en mans inimigas. Foi desterrado por un tribunal eclesiástico ao Seixido (A Lama), e despois foi condenado a catro meses de reclusión no convento de Herbón. A pesar da amnistía xeral do 1 de maio de 1824, aínda pasou ano e medio recluído en Chamadoira (Cerdedo Cotobade). Ao regreso a Pontevedra defendeu a capitalidade provincial na división territorial de España en 1833, fronte á corrente liderada por Francisco Javier Martínez Enríquez Sarmiento de Valladares, marqués de Valadares, que defendía que fose Vigo. Foi deputado pola provincia de Pontevedra na lexislatura 1840-1841.

Licenciado en medicina e cirurxía, axudou a combater a vaga de cólera que asolou a comarca no inverno de 1833.

Foi director do Instituto de Ensino Secundario Provincial. Leva o seu nome unha rúa de Pontevedra, trala capela da Virxe Peregrina.

Obra miniatura|Capa de Historia de Pontevedra. Historia de la medicina y cirujía (1822) Descripción Económica de la provincia de Pontevedra (1834) Historia de Pontevedra (1846) Descripción geográfica, estadística, económica e histórica de la ciudad capital de Pontevedra y sus hombres célebres (1848) Diccionario de los jeroglíficos que contienen las medallas antiguas romanas (1854)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1857