Kosmos 6 (Космос 6 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 16 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de xuño de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 6 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Foi o primeiro satélite deseñados pola oficina de deseño Yuzhnoye en usar células solares, colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 360 km de apoxeo e 274 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 90,6 minutos.

Kosmos 6 reentrou na atmosfera o 8 de setembro de 1962.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 19 Kosmos 25

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1