Kosmos 19 (Космос 19 en ruso), tamén denominado DS-P1 Nº3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de agosto de 1963 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 19 foi o terceiro membro (e segundo lanzado con éxito) da serie de satélites DS-P1, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración e para a elaboración dunha metodoloxía de detección de obxectos no espazo próximos á Terra. Usaba células solares colocadas en forma de dodecaedro arredor do contedor principal que formaba o corpo do satélite.

Foi inxectado nunha órbita inicial de 519 km de apoxeo e 270 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 49 graos e un período de 92,1 minutos.

Kosmos 19 reentrou na atmosfera o 30 de marzo de 1964.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 6 Kosmos 25

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-P1