O Dicionario dos seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, ten outras dúas edicións, no 2008 (2ª ed.) e no 2022 (3ª ed.). O texto está ilustrado por Lázaro Enríquez.

A obra está baseada nunha ampla bibliografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc, amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas de Morrazo, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela, Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial. Galicia encantada Fragmento na BVG

Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias de 1999 Categoría:Obras literarias en galego Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Mitoloxía galega