Catuxa López Pato, nada no Rosal o 22 de agosto de 1973, é unha funcionaria e tradutora galega. miniatura|Papeleta dos candidatos de En Marea ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.
Traxectoria Licenciada en Xermánicas e Románicas pola Universidade de Colonia (Alemaña) no 2000, máster de tradución xurídica pola Universidade de Sevilla no 2004. É funcionaria do corpo superior na Xunta de Galicia dende 2010. Foi candidata de En Marea ao Congreso por Pontevedra nas eleccións xerais de 2016.
Obra Tradución A rosa de ninguén, de Paul Celan, 2005, Galaxia. Camposanto, de W. G. Sebald, 2007, Galaxia. Máquina Hamlet e outras pezas, de Heiner Müller, 2013, Galaxia. Perplex, de Marius von Mayenburg, 2015. Insulto ó Público, de Peter Handke, 2016, con Sabela López Pato.Ficha na páxina web de Escenasdocambio. O facedor de teatro, de Thomas Bernhard, 2017, Galaxia. Poemas de José F. A. Oliver en Rosalía en Camiño 2022.Rosalía en Camiño 2022
O Dragón de Ouro ; A media lúa, de Roland Schimmelpfennig, 2024, Erregueté.
Premios Premio María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido no 2015 por Perplex. Premio María Casares ó mellor texto adaptado ou traducido no 2025 por O dragón de ouro. Notas
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1973